CRTVG

Buscar

Sala 5

Iván Villarmea: "O primeiro no cine é pasalo ben, pero tamén que quen está atrás pensou moito esa película"

03/07/2021 - 12:31 h

Iván Villarmea, gañador dun dos premios María Luz Morales, que entrega a Academia Galega do Audiovisual pasou por Sala5.

O seu traballo titúlase 'Barcos ao garete. Formas de esperanza radical no cinema da austeriade' e levou o galardón ao mellor ensaio sobre audiovisual internacional:

"Non podes estar pensando sempre en negativo; como as crises se acumulan hai que seguir vivindo"

"Parto de imaxes, o seu significado, e a partir de aí o que nos poden transmitir"

"O primeiro no cine é pasalo ben, pero tamén que quen está atrás pensou moito esa película"

Un exemplo está en "Cando todo está perdido" protagonizada por Robert Redford, fálase dun naufraxio, pero por detrás está a gran recesión de 2008-2014. Todo está na idea inicial".

 

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez