Sala 5
Alfonso Zarauza: "O medo e o terror forman parte da nosa cultura, pero non son usuais no cinema galego"
O director compostelán Alfonso Zarauza acaba de rematar a rodaxe da súa sexta película 'Malencolía', un filme de terror e pasou por Sala5 para contarllo a Begoña Vázquez.
Apoiada pola TVG, 'Malencolía' concíbese como unha película para televisión, pero Alfonso Zarauza non descarta levala tamén aos cines.
"Estou compaxinando a creación de Malencolía, coa difusión de Ons, a semana pasada tivemos unha presentación moi bonita en Paris no Cine Majestic"
"Presentar os teus filmes en galego polo mundo adiante sempre é unha honra, algo ben bonito"
"O medo e terror forman parte da nosa cultura, pero non son usuais no cinema galego"
"Malencolía é unha palabra case en desuso que encerra moitos significados e pulula polo filme"
"Gústame pensar no espectador como alguén intelixente, que non precisa toda mastigado, aínda que sexa unha peli para TV"
Durante xullo e agosto, Zarauza seguirá traballando nela para estrear 'Malencolía' en outono, no Festival de cine de Ourense.
Melania Cruz e Xulio Abonjo son os protagonistas de 'Malencolía', unha historia de terror ambientada en Ourense, na que traballan tamén Iolanda Muíños, Tito Asorey, Xosé Antonio Touriñán, Marta Lado e Ledicia Sola.