Sala 5
Olaia Tubío e Alejandro Gándara promoven o documental 'Dorothé na vila', que recupera a figura da investigadora Dorothé Schubarth
Olaia Tubío e Alejandro Gándara promoven o documental Dorothé na vila, que recupera a figura da investigadora suiza Dorothé Schubarth e pasaron por Sala5 doutra volta para falar del e do labor de investigación que levaron a cabo no filme.
Durante case unha década, esta muller andivo por aldeas de toda Galicia recuperando cancións nunca escritas, melodías arcaicas. Un traballo de investigación inxente e rigoroso, que deu lugar ao Cancioneiro Popular Galego.
Volvemos saber desas pescudas, dos cantos e desas informantes grazas a este documental que promoveron Olaia e Alejandro:
"Nas cancións populares abondan as referencias a cuestións 'picantes' e tamén ao tema da morería"