Sala 5
Fon Cortizo: "O alzhéimer de meu pai levoume a reflexionar sobre a mutilación da memoria histórica no país"
Fon Cortizo, que acaba de estrear 9 Fugas no Festival de Cine de Xixón e xa logrou o seu primeiro galardón, o premio á mellor longametraxe ex-aequo, pasou por Sala5 para contalo e falar de seu pai:
"Reflexionei sobre os recordos que silenciamos cando nos resultan dolorosos".
O punto de partida do filme foi a música creada por unha orquestra de improvisación que, a partir da nada, crea pezas sonoras brutais.
"É a primeira vez que fago unha película integramente en Vigo, rodar aquí era a única opción, por razóns económicas".
"O alzhéimer do meu pai levoume a reflexionar sobre a mutilación da memoria histórica no noso país. Tamén a memoria máis persoal, a que silenciamos cando hai algún recordo doloroso no noso pasado".
"Se hai algo que relacione 9 Fugas coas anteriores é a linguaxe".
"A fuxida das miñas protagonistas é dobre: foxen dos demais, pero tamén de si mesmas".