CRTVG

Buscar

Destacados

O belén artesanal en movemento de Valga prepárase para o Nadal

17/10/2019 - 18:29 h

Preto de corenta veciños iniciaron xa os traballos de preparación da nova montaxe para o Nadal. O nacemento abrirá ao público entre o 1 de decembro e o 12 de xaneiro. Pero a densidade do traballo obriga a comezar tempo antes. 

Consistirá nun repaso aos aspectos máis tradicionais de Galicia. Pero sen deixar de lado ao presente. Sempre fan referencia a grandes acontecementos. Desta volta farán referencia, por exemplo, a selección masculina de baloncesto español que logrou o Campionato do Mundo. Así o comentou a presidenta da Asociación de Amigos do Belén de Valga, María do Carme Castiñeiras López

Cortes dos diferentes programas da RG