CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Raúl Morales: "As matriculacións de particulares están un 40% por debaixo das de 2019"

31/05/2021 - 08:16 h

O portavoz de Faconauto, a patronal de concesionarios de coches, apunta a mala situación das vendas un ano despois do inicio da pandemia. Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Raúl Morales apuntou que as vendas a particulares "están un 40 por debaixo de 2019", unha situación que atribúe á crise e tamén á incerteza sobre os cambios no imposto de matriculación, á espera de que o Senado ratifique unha medida para anular a suba do imposto que se produciu en xaneiro.

Morales advirte doutro problema que está afectando o sector: o da falta de subministración de microchips, que está provocando problemas de stock nos concesionarios: "En maio notouse en moitas redes de concesionarios e o que nos din a maioría é que o peor da situación vai vir en xuño e en xullo. É dicir, que eses vehículos non cheguen ou tarden máis da conta e desanimen moitos compradores que xa están tendo moitas dúbidas á hora de cambiar o seu vehículo".

Sobre a situación do emprego no sector, Morales sinalou que "hai un ano, o 90% dos traballadores estaban en ERTE, agora practicamente ningún". Iso si, lembrou que no pasado exercicio destruíronse 8.000 empregos no sector, aínda que considera que a situación puido ser peor, dada a magnitude da crise.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia