CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Alberto Rocha, secretario xeral da Cointega: "Co 'brexit' haberá algún trámite aduaneiro adicional, pero as empresas están afeitas"

31/01/2020 - 08:14 h

O sector do téxtil, sen contar o grupo Inditex, di que non sufrirá grandes consecuencias ao quedar o Reino Unido fóra da Unión Europea. As empresas galegas exportaban, pero en pequenas cantidades.

"Non é excesivamente importante. É un mercado que, en cifras globais, está nos primeiros postos na clasificación, pero fundamentalmnete pola presenza de Inditex alí, cunha rede de tendas bastante importante".

"Desde que se empezaron a anunciar todos estes efectos do 'brexit', as outras empresas foron notando algo, sobre todo polo efecto incerteza".

"Non ten nada que ver cando ti tes un punto de venda no país con cando estás vendéndolles a clientes dese país. Neste segundo caso, eses clientes adoitan facer un pedido con antelación. Neste caso, o que nos din as empresas é que foron vendo que se atrasaban e que se reducía o volume dos pedidos".

Alberto Rocha recordou que tamén había empresas instaladas no Reino Unido, pero que botaron pouco tempo porque non tiñan grandes vendas, sobre todo pola caída da economía e, polo tanto, a caída do consumo.

"De cara ao futuro, o problema fundamental será que haberá algún trámite aduaneiro burocrático adicional, que tampouco é insalvable, porque estas empresas están afeitas a exportar a outros puntos do mundo con problemática similar".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia