Galicia por Diante
Manuel Barros: "Son carteiro por vocación"
O carteiro Manuel Barros Vázquez é o protagonista dun vídeo de Correos para promocionar o Camiño de Santiago. Neste Galicia por Diante imos ata Ourense para falar co noso carteiro máis famoso.
"Levo trinta anos de carteiro e encántame o meu traballo", explica Manuel, que empezou con vinte anos neste oficio e dende entón ten claro que o seu é vocación.