CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Carmen Durán: "Comezarase canto antes a vacinar os mozos de entre 12 e 19 anos"

29/07/2021 - 08:10 h

A consellería de Sanidade prevé rematar esta semana a campaña completa de inmunización dos maiores de 39 anos. Asemade, abrirá as quendas de repesca dos que quedaron sen vacinar porque non acudiron no seu momento despois de seren citados polo Sergas.

Nunha entrevista no Galicia por diante, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, asegura que esta semana tamén se intensifica a vacinación do grupo de entre 29 e 20 anos. A Xunta pretende comezar canto antes a vacinar os mozos e mozas de entre 19 e 12 anos. Todo depende, afirma Carmen Durán, da dispoñibilidade das vacinas. A maioría das citas seguirán dispensándose vía mensaxe de texto ao teléfono móbil.

A directora xeral de Saúde Pública afirma que a principal diferenza entre esta onda da pandemia e as anteriores é a redución da presión hospitalaria e da mortalidade. Asegura que a baixada do número de infectados que precisan hospitalización se debe á eficacia das vacinas, sobre todo contra a aparición de cadros graves da enfermidade.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia