Galicia por Diante
A privacidade e ética arredor dos datos xenéticos
Hoxe Ángel Carracedo está connosco para falarnos das implicacións éticas e de privacidade que existe arredor dos datos xenéticos. A cesión de datos xenéticos para, por exemplo, saber a túa ancestralidade (práctica que está moi de moda nos EUA), normalmente leva implícito que os teus datos pasan a unha base de datos xeral, que logo pode ser usada para, por exemplo, resolver crimes, como o recente caso de Linda Ou'Keefe, que permitiu deter un sospeitoso 43 anos despois.
O problema é que estes datos tamén poden ser utilizados con fins menos éticos, como a discriminación racial, que é algo que está acontecendo coa etnia chinesa musulmá dos Uighurs, moitos dos cales, aparentemente, non deran as mostras de DNA voluntariamente, senón que lle foran recollidas en recoñecementos médicos.