CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O Premio Nobel Jean-Pierre Sauvage visita Galicia

27/11/2018 - 07:34 h

Hoxe na sección de ciencia do 'Galicia por diante', co gallo da estadía que comeza dentro dunhas horas en Galicia o Premio Nobel de Química 2016 Jean-Pierre Sauvage, falaremos do seu descubrimento: as máquinas moleculares.

Analizaremos tamén os efectos que sobre a ciencia británica en particular, e sobre a europea en xeral, tería un Brexit duro, ao abeiro dun manifesto publicado por varios Premios Nobel europeos, alertando dos efectos do Brexit sobre a ciencia.

Remataremos facéndonos eco dalgúns experimentos que se fan co gallo da oportunidade que proporcionan as eclipses de Sol do ano pasado nos EE.UU. fixéronse algúns experimentos curiosos, entre eles ver que facían as abellas: deixaron de voar e de moverse, posiblemente porque entraron en "modo nocturno".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia