CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Hika e Zahira, persoas non binarias: "Tiña dúbidas co meu xénero, pero agora son feliz sabendo que existo"

27/07/2021 - 11:45 h

As persoas somos moi diversas. Cada individuo sente, exprésase e identifícase de maneira diferente. No proceso de deconstrución desta sociedade heteropatriarcal é moi importante coñecer e escoitar a persoas que cuestionan os roles e as identidades de xénero. 

Esas persoas son, por exemplo, Hika e Zahira, que se identifican como non binaries e hoxe compartiron en 'Leña Verde', no Galicia por diante, que significa ser non binarie e como foi o proceso de formación da súa identidade. 

Comecei a cuestionarme cousas sobre o meu xénero, tiven moitas dúbidas, pero agora síntome feliz de saber que existo

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia