CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Julio Lage (Asociación Empresarios Galegos en Madrid): "Temos que empezar como país a buscar novos ocos na economía"

27/07/2021 - 08:17 h

A Asociación de Empresarios Galegos de Madrid ultima os preparativos para o Encontro internacional de empresarios galegos do mundo que se vai celebrar pasado mañá na Toxa. Premiarán os responsables da empresa de cervexas Estrella Galicia e tamén o magnate Olegario Vázquez Raña, asentado en México. Ademais, emprendedores de varios países presentarán 20 start-ups diante de investidores internacionais e de grupos de capital risco para poder desenvolver os seus proxectos.

O presidente dos empresarios en Madrid, Julio Lage, indicou no Galicia por diante que cómpre apostar polo talento da xente nova como estratexia de país.

"Temos que empezar como país a buscar novos ocos na economía. Temos que empezar a pensar que pode haber cousas que xa teñen unha capacidade de reacción menor e, polo tanto, ten que haber oportunidades de crecemento moito maior. Hai que apoiarse nas novas tecnoloxías. Hai que apoiarse naqueles temas en que as necesidades de capital son menores porque están suplidas pola cantidade de talento que hai no país, que o hai, porque hai boas universidades. Hai unha gran formación. Moito deste talento sae fóra e é unha pena que saia fóra. Hai que darlle calidade aquí, hai que recuperalo e hai que empezar a definir en que espazos de oportunidade este país ten posibilidade de saír adiante, como teñen feito outros países no mundo que antes non eran nada e que agora son países punteiros. Aproveitar iso para crear novas oportunidades e novas empresas".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia