CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

López Obrador

27/03/2019 - 08:06 h

O primeiro que teño que dicir é que unha crise diplomática suscitada despois de cincocentos anos de producidos os feitos é, como diría o pai de Julio Iglesias, unha crise rara, rara, rara. Tan rara que os cualificativos que hoxe andan pola prensa son os de traizón, oportunismo ou concurso de demagogos. E iso de ter que pedir perdón polo que pasou ou non pasou levanta paixóns que van dende o canto do moito e bo que fixo España en México a poñerse en plan revisionista como se a conquista fose feita por Franco.

Isto de reclamar o perdón por aquilo é o que aos humoristas Tip e Coll lles facía dicir “refardez la gilipolluá”. Porque é unha gilipolluá que un presidente de orixe en Cantabria lle pida a España o que lle pide. É unha gilipolluá ser xefe dun Estado ecoñecer a súa historia de xeito tan deformado ou impulsado porconversacións de alcoba coa súa dona, que vai de historiadora.

E feita esa cualificación, engado algunhas consideracións.

Primeira: cando se trata de feitos de armas, hai violencia, hai mortes, hai rancor que persiste moito tempo e hai vencedorese vencidos. É posible que España teña moito do que presumir, pero tamén algo do que arrepentirse.

Segunda: cando faltan dous anos para o 200 aniversario da independencia de México, é natural que xurdan movementos de forte nacionalismo e, polo mesmo, de reivindicación do indixenismo, de presenza crecente nas nacións iberoamericanas.

Terceira: o malo é reaccionar con orgullo ferido, que é o peor xeito de enfocar unha crise entre dous países.

Cuarta: co que ten que ter coidado España non é só con México, senón con todo o renacemento da lenda negra, que tamén se alimenta da crise catalá. Todo xunto pode ser un explosivo. E todo xunto pon de manifesto os fallos da nosa política exterior.

Quinta: López Obrador non vai cambiar despois da que montou. Hai que contar, por tanto, cunha ofensiva que traspasará as fronteiras de México e á que non é alleo o señor Trump, o que lle dá a todo un aire de conspiración.

Sexta: o importante non é a revisión da historia, que non hai por que facela, senón manter o espírito de unidade e colaboración entre países que falamos a mesma lingua e temos lazos imborrables.

E sétima e última: tranquilos todos, que, cando goberne Podemos, pediremos perdón a todo o mundo polas falcatruadas que fixemos e volveremos ser felices. Deus puxo aí a Podemos para que ningún reclamante exterior ou interior deixe de poñer España entre a espada e a parede.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia