CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Varias localidades ourensás teñen vixentes restricións pola seca

26/07/2022 - 11:05 h

A seca está a provocar que varias localidades ourensás manteñan restricións coa auga. En Santo André, no Concello de Ribadavia, está pechada doce horas diarias; en Celanova, os depósitos de auga de algunhas aldeas rechéanse con camións cisterna; e en San Mamede de Porqueira, semanas atrás so había auga dúas horas diarias.

Tamén noutros concellos como Verea, A Merca, Entrimo, Vilar de Barrio, Allariz ou Vilamartín de Valdeorras xa se emitiron bandos para o uso racional de auga.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia