Galicia por Diante
A primeira muller en gañar o Premio Abel
Na sección de Divulgación con Jorge Mira comezaremos falando da gañadora do Premio Abel (o análogo ao Nobel en matemática), que por primeira vez é unha muller.
Continuaremos con datos recentes que aumentan o misterio da materia escura: experimentos que teñen os mesmos aparellos e usan os mesmos sistemas parecen dar datos diferentes.
Acaba de anunciarse a detección de 83 buratos negros superxigantes de cando o universo era aínda mozo (cando tiña un 5% da súa idade actual, que é de 13 800 millóns de anos), algún deles tan recentes como que existían cando o universo tiña só 750 millóns de anos.