CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Susana López Abella: "Hai que poñer máis o foco no maltratador que na vítima de violencia machista"

25/11/2019 - 08:10 h

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destaca neste 25 de novembro o papel que deben desempeñar os medios de comunicación para contribuír a desmontar a violencia machista, poñendo "o foco no maltratador" e sensibilizando a cidadanía sobre este problema.

Nunha entrevista no Galicia por diante, López Abella lembrou a necesidade de modificar a lei estatal para ampliar o concepto de vítima de violencia machista, tal e como recolle o Convenio de Istambul e a propia lexislación galega: "Para nós, vítimas son as vítimas de violencia psicolóxica, económica, sexual... O concepto tense que ampliar".

A secretaria xeral de Igualdade tamén fixo fincapé na educación como eixo fundamental para previr a violencia contra as mulleres, prestando especial atención aos contidos audiovisuais que consome a mocidade a través das redes, nos que abundan "mensaxes machistas e cousificadores".

López Abella tamén se referiu ás mensaxes propagadas pola formación de ultradereita Vox, que cuestiona o concepto de violencia machista: "Preocúpame como responsable das políticas de igualdade e como muller", dixo.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia