CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manel Pazo: "Onde non queira o Concello e onde non queiran os propietarios non se van instalar novos muíños"

24/09/2021 - 08:14 h

A patronal eólica recoñece que hai movementos sociais contrarios á instalación de novos parques eólicos en Galicia, polo que garantiu que non se abrirán alí onde a xente non queira. En calquera caso, advirte que sería perder unha grande oportunidade económica para a recuperación da crise, xa que Galicia, insiste, conta cunhas condicións óptimas.

"Sabemos que socialmente hai sitios onde non queren estes tipos de muíños. Onde non queira o Concello e onde non queiran os propietarios non se van instalar estes muíños. Pero Galicia ten capacidade tanto de fabricación como para a instalación destes muíños. Recordemos que en Galicia seguen existindo máis de 6.000 familias traballando para a enerxía eólica".

"As fábricas -como é o caso da que quere pechar Vestas en Viveiro- instálanse onde realmente hai instalación. Hai expresións de  `boom depredador´ ou de ´macroeólicos´. E en Galicia hai unha sensación que non nos gusta que é a aposta pola transición enerxética. Nestes momentos, a realidade é que en Galicia non se está instalando ningún parque eólico".

"O que non entendemos precisamente é estas críticas que está xurdindo, sobre todo por parte dun certo partido que está falando todos os días de `boom depredador` e de `macroeólicos´ e estase intentando demonizar un sector que realmente é o sector que vai levantar a comunidade europea".
"Aquí temos unhas condicións... unhas das máis favorables de Europa para a fabricación e a instalacións destes parques. O que non podemos consentir despois de 25 anos é que se intente satanizar algo que pode ser o futuro de Galicia. É a solución económica ás covid de Europa. É onde hai cartos, onde hai traballo, onde hai tecnoloxía e nós temos as condicións máis favorables".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia