CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Bob Dylan fai 80 anos: "Mentres estea en activo, non se pode pechar unha lista coas súas mellores cancións"

24/05/2021 - 13:09 h

Bob Dylan fai 80 anos e seis décadas no mundo da música. É unha das personalidades máis importantes da música, xa que se encargou de definir un estilo propio, e conta con ducias de temas que son toda unha influencia para as seguintes xeracións. 

Dylan é unha figura tan enigmática como atractiva, unha personaildade extravagante e de múltiples rostros. Para celebrar o seu aniversario convocamos a un dos seus maiores fans desta casa: o presentador do Galicia Noticias, Eduardo Herrero, que é tamén vocalista de 'En casa de Herrero', unha banda tributo. 

Mentras estea en activo non se pode pechar unha lista coas súas mellores cancións

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia