CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O peirao de transatlánticos da Coruña abre o sábado para os cidadáns: "A Coruña volve mirar ao mar"

24/03/2021 - 13:21 h

O peirao de transatlánticos da Coruña abre o sábado para os cidadáns cunha exposición temporal de fotografías sobre a pandemia. 'Contra vento e marea' é unha selección de fotos que enviaron os veciños cando rematou a primeira onda da pandemia. 

A Autoridade Portuaria ten previsto permitir o acceso á dársena de transatlánticos, que leva case dúas décadas pechada, coma o resto do porto. Permanecerá aberta durante toda a Semana Santa.

No 'Galicia por diante' con Kiko Novoa falamos con Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña. 

"A Coruña volve mirar ao mar. Este verán abrirá Batería, e en 2022 Calvo Sotelo". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia