CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Luís Seoane publica no CSIC un estudo sobre a manipulación en economía

23/09/2021 - 10:16 h

Un estudo do Consello Superior de Investigacións Científicas formula un modelo matemático que permite explorar cuestións relacionadas coa  manipulación dos mercados e como isto cambiaría as relacións económicas en que participan os cidadáns. O traballo usa a teoría de xogos desenvolvida polo matemático estadounidense John Nash, unha área das matemáticas que estuda a toma de decisións mediante xogos ou negociacións entre varias persoas que deben adoptar estratexias para obter un beneficio. Falamos disto con Luís Seoane.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia