CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O cantautor limiao Antonio Luz presentounos 'Paraíso das airas', o seu novo disco: "Na ducha é cando xorden os retrousos"

23/05/2022 - 13:16 h

Nacido en Nocelo da Pena, no Concello de Sarreaus e residente en Madrid, comeza a ter contacto, de xeito case instintivo e dende ben cativo co mundo do flamenco, ao mesmo tempo que medra coa música da nosa terra, sendo a gaita o seu primeiro instrumento.Esta mestura entre mundos ben diferentes, será a que defina a súa personalidade como artista, totalmente autodidacta.Hoxe presenta "Paraíso das Airas" segundo álbum tras '28 besos', gravado íntegramente en galego con nove cancións de distintos estilos e temas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia