CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os vehículos aéreos non tripulados, unha tecnoloxía sen límites

22/07/2021 - 11:50 h

O que comezou como unha innovación militar, hoxe é un dos aparellos tecnolóxicos máis empregados e demandados en ámbitos como a seguridade, a agricultura, o audiovisual ou mesmo a topografía. O uso dos drons non se limita ao mundo profesional, senón que calquera pode telo e pilotalo na súa casa. 

Lucía Junquera, que é moi moderna, explícanos nesta reportaxe da súa 'Guía de Modernidade' todo o que hai que saber sobre os vehículos aéreos non tripulados coa axuda de Jaime Pereira, piloto e instructor da empresa Aerocámaras de Lalín; e Jorge Seoane, responsable de I+D+i da División de Sistemas Aéreos Non Tripulados do Instituto Tecnolóxico de Galicia. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia