CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Jesús Sueiro: "Nos centros de saúde non se detecta rexeitamento á vacinación"

22/06/2021 - 08:11 h

O portavoz da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Jesús Sueiro, asegura que desde os centros de saúde a impresión é que a situación epidemiolóxica está "bastante controlada".

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', o doutor Sueiro afirmou que no seu centro de saúde, en Santiago, non tiveron apenas casos nas últimas fins de semana.

Insiste en sinalar os dous factores en que se sustenta o éxito no control da pandemia: o rastrexo dos contactos, máis fácil nunha situación con baixa incidencia, e a vacinación masiva.

Jesús Sueiro cre que, neste momento, pódese suspender a obriga de levar máscara ao aire libre, pero sen baixar a vixilancia, sobre todo ante as novas variedades do coronavirus. Mentres non se vacine todo o mundo, asegura, o coronavirus seguirá mutando e probablemente quedará entre nós como a gripe e irá perdendo virulencia. Asegura que nos centros de saúde non se detecta rexeitamento á vacinación.

O portavoz da Asociación Galega de Mecidina Familiar e Comunitaria reclama un maior investimento en atención primaria para paliar os problemas de falta de medios, precariedade e saturación que se acentuaron durante a pandemia.

O doutor Sueiro aposta por unha atención primaria pospandemia máis resolutiva, máis implicada na comunidade e máis atractiva para os novos profesionais.  

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia