CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Libro de Sánchez

22/02/2019 - 08:08 h

Querido Valiñas, porque ti me pides que fale do libro de Sánchez, se non, a min non se me ocorrería. É que me dá moito medo non estar á altura da altura intelectual da obra. É que temo non saber captar a profundidade da mensaxe de Pedro Sánchez. É que, ao tratarse dunha produción do xénero memorialista, dáme un pouco de vergonza poñerme a xulgar situacións e sucesos dos que non teño constancia documental. É que, como se podeobservar, teño moito respecto á figura literaria de Pedro Sánchez. Por manter unha prudente distancia, como me recomendaba miña mai, non quixen nin ir á presentación, porque a xente con tantas ideas e tanta solemnidade poden máis que a miña timidez.

Así que nese sentido, como comentarista, limítome a dar abenvida ao último gran creador do século. Naceu unha nova estrela no firmamento literario. Haberá xente que pense queSánchez é un oportunista, que publica en período electoral, peroqué lle imos facer: seguro que son críticas inxustas, porque aspiraa ter dez millóns de votos polo menos, e tantos lectores non vaiter. Haberá tamén xente que diga que é un pouco descarado presentar un libro como o seu autor, cando o que fixo foi ditalo aunha secretaria de Estado, o que lle dá categoría, pero tamén é inxusto, porque, se se di que Sánchez ditou o contido, sairán Pablo Casado ou calquera outro a chamarlle ditador, e tampouco é iso. Xa se lle insultou abondo con todo o que se lle chamou.

O que vai ser o libro, sen dúbida, será o que se chama un éxito editorial. Eu, como son tan vello, tiven algún éxito tamén, deixádeme presumir, pero non tiven nin a décima parte de ministros e autoridades das que tivo Sánchez. Non tiven nin a décima parte de cámaras nin micrófonos. Nin tiven o pobre Calleja pedíndolle a Milá que o deixase falar. É que Sánchez ten tanto discurso e tanta mensaxe que non é doado demandarlle nada, sobre todo se a Milá está polo medio.

E falando de demandar, hoxe demándolles aos responsables de comunicación da Moncloa -máis ao meu nivel- que o presidente escriba moito máis. Ou, perdón, que dite moito máis. Como diría un amigo meu, porque, mentres pensa, escribe ou dita historias súas, non escribe no Boletín Oficial do Estado, que é onde está o perigo. E os bens para o conxunto da nación son aínda maiores: cando Sánchez presenta un libro, fala. O cal, benquerido Valiñas, sempre é de agradecer.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia