CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

César Romero, da Cinema, emocionado co regreso das verbenas: "Había anos que non vivía algo así"

21/06/2021 - 10:19 h

O sábado foi o día clave para a verbena galega. Seis orquestras e seis vilas conformaron esta experiencia piloto: Los Satélites, Costa Dorada, Marbella, Ocaband, Cinema e Pincipal pasaron polos escenarios de Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo. 

Entradas con reserva, localidades limitadas ata 1.000 persoas, división das pistas de baile, distancia, máscara e prohibición de comer e beber.

Como se sentiu a experiencia dende enriba do palco? Preguntámoslle a César Romero, cantante da Orquestra Cinema, que estiveron no Carballiño:

"Foi histórico. Había anos que non vivía algo así"

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia