CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Tania Fdez. Lombao presenta 'Clac': "Unha aposta polo cine galego, pola industria e polos espectadores"

21/05/2021 - 10:19 h

Esta noite estréase na Televisión de Galicia o novo programa de cinema, co audiovisual galego como protagonista. Cunha periodicidade semanal, 'Clac' emitirase na G2 ás 23.00 h e estará presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao

'Clac' é unha aposta polo cine galego, pola súa industria e polos espectadores que demandan máis información

'Clac' contará tamén coa colaboración do experto en cinema galego Eduardo Galán, e en cada programa terán protagonismo os artesáns do cinema: directoras, actores, produtoras, músicos... 

A estrea de 'Clac' estará dedicada á adaptación cinematográfica de 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia