CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

J. A. Forcada: "Débense respectar os prazos de administración entre doses para conseguir a mellor inmunización"

21/04/2021 - 08:18 h

O presidente da Sociedade Nacional de Enfermeiría e Vacinas saúda a decisión da Comisión de Saúde Pública de seguir a pauta recomendada polas farmacéuticas e non atrasar a segunda dose de Pfizer e Moderna. José Antonio Forcada lembra que "os estudos feitos durante os ensaios clinicos din que é a mellor pauta para conseguir unha mellor inmnización".

Polo tanto, segundo Forcada, "o ideal é manter estas dúas doses tal e como se está realizando ata agora e se realmente recibimos a vacina de Janssen en poucas horas e recibimos moitas máis vacinas isto vai facer que aceleraremos moito o proceso de vacinación e podamos conseguir ese obxectivo de ter a gran parte da pobación vacinada a final do verán, co que se diminuirá moito a circulación do virus.

O presidente da Sociedade Nacional de Enfermeiría e Vacinas avoga porque as persoas vacinadas con AstraZéneca reciban a segunda dose desta mesma vacina porque, segundo os científicos, "na segunda dose o risco de padecer un evento adverso é moi dismiuído" e "non temos evidencia cienfífica da súa compatiblidade cunha vacina dunha plataforma diferente".

"Ponse moito o foco en eventos adversos graves e non na cantidade de vidas que se están salvando con estas vacinas"

Na súa opinión, "hai que sopesar o beneficio enorme de usar todas as vacinas" e vería "moi correto que se usen todas as vacinas para vacinar todos os maiores de 60 anos e toda a poboación". Forcada lembra que "se nos cinguimos ás fichas técnicas e recomendacións das axencias reguladoras, (as vacinas) non teñen límite de idade. O único límite de idade é a partir dos 18 anos porque non concluíron os ensaios clínicos nos grupos de persoas menores de 18 anos".

Así as cousas, o presidente da Sociedade Nacional de Enfermería e Vacinas considera que en España "o ritmo de vacinación que se está establecendo é bo", e recalca "o esforzo do sistema sanitario en xeral e da atención primaria en particular para completar un gran ritmo de vacinación".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia