Galicia por Diante
Como podemos xogar coa ciencia na casa?
Hoxe Ángel Carracedo tennos preparado un programa de "ciencia recreativa" en que nos expoñerá unha sinxela receita para obter ADN en casa e utilizando produtos que temos ao alcance da man.
Normalmente asociamos o ADN con alta tecnoloxía e ciencia vangardista, case con ficción científica: diagnósticos xenéticos, mutacións, edicións xenéticas, CRISPR, transxénicos, etcétera. Pero o que non sabemos é que ese libro da vida podémolo "ver" literalmente cun sinxelo experimento na casa se seguimos a receita que hoxe comparte connosco Anxo Carracedo.