Galicia por Diante
A A. V. de Chapela: "Non hai escusas para atrasar a eliminación da peaxe de Rande"
A veciñanza da parroquia de Chapela, entre Vigo e Redondela, esíxelle ao Goberno que suprima a peaxe de Rande da AP-9, tal e como consta no acordo de investidura entre o PSOE e o BNG.
Nunha entrevista no 'Galicia por diante', o presidente da Asociación de Veciños de Chapela, Marcial Pérez, asegura que todas as administracións están de acordo en que hai que eliminar a peaxe entre Vigo e redondela e que só falta vontade política para facelo.
A veciñanza pide, ademais, que se converta en treito urbano o tramo da AP-9 entre Padín e Teis.
Marcial Pérez afirma que o Goberno non ten escusas para atrasar a supresión da peaxe.