CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Avances na enxeñaría de recuperación do cerebro

20/11/2018 - 07:34 h

Nesta entrega da sección de ciencia do 'Galicia por diante' pararémonos en dúas novas esenciais:

En primeiro lugar, avances na enxeñaría de recuperación do cerebro: por unha banda, un grupo de neurocirurxiáns xaponeses acaban de implantar células nai reprogramadas no cerebro dun afectado por párkinson; por outro lado, acábase de anunciar que, en experimentos en ratos vivos, conseguiuse transformar en neuronas unhas células non neuronais que hai no seu cerebro. Isto podería abrir unha porta ao abordamento de danos cerebrais.

En segundo lugar, falaremos do último artigo científico do finado Stephen Hawking, e que viu a luz estando el xa falecido. Fai unha achega a un dos grandes misterios da física actual sobre os buratos negros.

Remataremos cunha anécdota: na eclipse de Sol do ano pasado nos EUA fixéronse algúns experimentos curiosos, entre eles ver que facían as abellas: deixaron de voar e de moverse, posiblemente porque entraron en "modo nocturno".

Tamén falamos dun par de cuestións no eido social-científico: por unha banda, un manifesto publicado por varios Premios Nobel europeos, alertando dos efectos do 'brexit' sobre a ciencia; por outra, en Indonesia unha fatwa sobre a vacina do sarampelo vén de causar unha caída dramática das taxas de vacinación. A razón é que, como moitas vacinas, leva algúns compoñentes de porco.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia