CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Mohammed chegou só a Ourense sendo menor: "Síntome adaptado e con grandes amigos"

20/07/2021 - 11:43 h

O 25% dos nenos e nenas de Galicia están en risco de exclusión. As razóns son moitas: pobreza, falta de acceso á educación, entornos de violencia... Falamos de miles de menores que carece da protección básica que calquera rapaz precisa para medra e desenvolverse.

Moitos destes menores son estranxeiros. Deixaron todo atrás para escapar dunha situación de pobreza e perigo, e dunha vida que se prevía sen futuro. E á súa chegada a España teñen que enfrontarse a un crecente discurso de odio cara o de fóra.

Mohammed Bakkali chegou a Ourense desde Marrocos hai tres anos, sendo menor. Desde aquela vive nun piso tutelado de IGAXES, onde recibe todas as atencións que precisa, desde un teito, educación, cariño ou un fogar. 

Falamos con el e con Jesús Deibe, o seu educador dentro da asociación.

Síntome adaptado, teño grandes amigos e quero seguir así

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia