CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ángel Facio: "Na área de Ferrol, a evolución da pandemia é á baixa, e oxalá se manteña así"

20/05/2021 - 08:17 h

A área sanitaria de Ferrol é a que goza dunha mellor situación epidemiolóxica, con menos de 100 casos activos durante o mes de maio e cunha cifra moi baixa de novos positivos diarios.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', o xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, asegura que os factores principais desta situación son o avance na vacinación e o compromiso da cidadanía coas medidas de protección. Tamén, engade, hai que ter en conta a dispersión da poboación e a ausencia de transportes masivos de pasaxeiros.

Ángel Facio sinalou que a mellora da situación epidemiolóxica "permitiu facer un esforzo adicional para tentar activar novamente todas as áreas cirúrxicas, de consultas e de probas complementarias que poidan axudar a restablecer unha situación de normalidade na asistencia sanitaria, tanto en atención primaria como nos hospitais.

O xerente da área sanitaria de Ferrol valorou tamén a campaña de vacinación como expresión dun esforzo común entre os cidadáns, o persoal sanitario e outros colectivos como a Policía Local e Protección Civil.  

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia