CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O galego Perico, no 'Preço certo': "A miña namorada e eu vemos moito a RTP e dixemos 'por que non?'"

20/04/2021 - 10:09 h

Pedro Balado, Perico, é un xornalista galego de Sigüeiro (ou Tordoia), e sorprendeu a todo o mundo coa súa participación no concurso 'O preço certo', da televisión portuguesa RTP. 

Para concursar tivo que cruzar a fronteira, e nun principio a Garda Nacional Republicana non estaba moi convencida de deixalo pasar. 

No 'Galicia por diante' cóntalle a Kiko Novoa como chegou ata alí e se finalmente atinou co 'preço certo'. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia