CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

"Nin mando único nin autonomía"

18/01/2021 - 07:35 h

Cando se fundou o Estado das Autonomías, a teoría baseouse neste principio: trátase de achegar o poder ós cidadáns, porque estando o poder preto dos cidadáns resólvense mellor os seus problemas, porque se coñecen mellor e tamén se coñecen mellor as solucións. Cando se tratou de gobernar a crise do coronavirus despois de que Pedro Sánchez decretara a "nova normalidade" grazas ao seu mando único no primeiro estado de alarma, xustificouse do mismo xeito: as autonomías coñecen mellor co Goberno central a realidade do seu territorio. E así empezou unha cousa chamada "cogobernanza", que debe ser unha cousa intermedia entre o centralismo e a autonomía plena. É dicir, solucións rexionais, pero controladas dende Madrid, non sexa que a cousa se descontrole.

E así pasa o que pasa: que por unha parte hai dazasete xeitos de afrontar o problema e por outra hai as limitacións que impón o estado de alarma vixente ata o mes de maio. Castela e León quixo practicar a autonomía porque entende que nas súas provincias o problema pódese afrontar cun toque de queda que empece mais cedo, ás oito da tarde. Pode parecer esaxerado, pero non o debe ser moito cando Núñez Feijóo dixo que se podía estudar o que fixo Francia, que foi empezalo dúas horas antes, ás seis da tarde. Pero unha cousa é propoñer para estudo, e outra moi distinta aplicalo. Castela e León equivocouse, porque o que fixo, efectivamente, contradí o que está escrito no decreto do estado de alarma vixente. Pero o Goberno tampouco o fixo ben, porque o sábado estaba a dicir que se estaba formulando ceder no toque de queda, e as vinte e catro horas facía todo o contrario: en vez de ceder, estaba recorrendo aos tribunáis a decisión de Castela e León.

Esto non é mando único nin cogobernanza. É un cachondeo. Unha parte non se atén ao que está estipulado e a outra manda a dicir aquilo de que “quen manda é Roque, e Roque son eu”. Xa viña pasando coa demanda de confinamento. Varias autonomías piden que se faga dende Madrid ou as autoricen a elas a facelo, e Madrid responde que non, vaia vostede a saber se é para non prexudicar a candidatura de Salvador Illa á Generalitat de Cataluña. E así a cogobernanza non existe, a autonomía tampouco, e moitos dirixentes rexionais están tentados de tirar a toalla, porque sobre eles cae a responsabilidade, pero non o conxunto das decisións. E o máximo é que parece que hai dazasete políticas, pero ningunha se pode exercer de verdade.

Mentres tanto, mirade como van os contaxios, como se camiña cara á saturación dos hospitais e como volve o medo á sociedade. E a política, benquerido Valiñas, empeñada en complicalo todo, cada día un pouco máis.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia