Galicia por Diante
Bruno Leone, da Cámara de Pesca do Ecuador : "O atún é un negocio e hai que coidalo para que haxa un futuro"
Vigo acolle, desde hoxe, a IX Conferencia Mundial do Atún. Acoden empresarios e responsables de pesca de máis de 40 países, que supoñen o 90 por cento da produción mundial de conservas de atún.
Analizarán a situación dos caladoiros de atún en todo o mundo e tamén tentarán profundar na negociación de novos acordos internacionais para facilitar a entrada de conservas duns países a outros, limitando os aranceis nas aduanas.
Os organizadores do evento insisten en que todo estará marcado polo concepto da sostibilidade. O presidente da Cámara Nacional de Pesca de Ecuador, Bruno Leone, explicou na Radio Galega que o obxectivo fundamental de todo o sector é coidar o recurso.
"Isto é un negocio. Non perdamos de vista iso. Ás veces escoito eu comentarios de ambientalistas radicais que cren que non hai que pescar. Isto é un negocio. Os que estamos nisto é porque hai un negocio. Agora ben, o negocio hai que coidalo para que haxa un futuro".