CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Un raio fai grandes estragos materiais na igrexa de San Martiño de Orto

15/07/2022 - 11:21 h

Esta pasada noite rexistráronse en Galicia case seis mil raios. Aseguran que a orixe desta cifra debeuse á cantidade de incendios que permanecen activos na comunidade e proximidades. Como consecuencia, isto provocou numerosos danos materiais en infraestruturas como a igrexa de San Martiño de Orto, situada no concello de Abegondo. Así, o alcalde Juan Antonio Santiso e o diácono Rafael contan como se viviu o momento en que se sentiu a caída do raio na igrexa.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia