Galicia por Diante
Xosé Crespo, alcalde de Lalín: "O cocido une. Aposto pola estabilidade, e se hai que facer un o 6 de abril, faise"
O Galicia por diante desprazouse este venres ata Lalín, onde comeza o fin de semana grande da súa 52ª Feira do Cocido, declarada de Interese Turístico Internacional.
Polos nosos micrófonos pasou o alcalde da capital do Deza, Xosé Crespo:
- "O cocido une. Aposto pola estabilidade, e se hai que facer un o 6 de abril, faise, que a Feira do Cocido non é só esta semana".