CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Novo método para medir a temperatura dos océanos

13/11/2018 - 07:33 h
A aplicación dun novo método para medir a temperatura dos océanos revela que esta sobe a un ritmo consistente coa estimación do peor escenario do quecemento global, o cal incrementa a preocupación da comunidade científica.

Outro dos temas tratados neste 'Galicia por Diante' é que vén de atoparse unha molécula que provoca ataques do noso sistema inmune ao sistema nervioso, causando a esclerose múltiple, o cal pode axudar a avanzar na loita contra esta enfermidade.

Engadiremos unha novidade técnica no eido da química orgánica anunciada hai poucos días, que non sae moito nos medios, pero que ten moito calado, xa que permitirá obter como están colocados os átomos dunha estrutura de interese a través de medidas en pequenas cantidades e iso axudará no deseño de novos medicamentos, por exemplo.

Remataremos cunha anécdota: na eclipse de Sol do ano pasado nos EUA fixéronse algúns experimentos curiosos, entre eles ver que facían as abellas: deixaron de voar e de moverse, posiblemente porque entraron en "modo nocturno".

Ademais, un par de cuestións no eido social-científico: por unha banda, un manifesto publicado por varios premios Nobel europeos, alertando dos efectos do 'brexit' sobre a ciencia; por outra, en Indonesia unha fatwa sobre a vacina do sarampelo acaba de causar unha caída dramática das taxas de vacinación. A razón é que, coma moitas vacinas, leva algúns compoñentes de porco.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia