CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Palacios destaca a mellora da seguridade nas praias galegas con bandeira azul

12/05/2021 - 08:22 h

A Asociación Ambiental e do Consumidor concedeu este ano 117 bandeiras azuis aos areais e portos galegos. O seu presidente, José Palacios, destacaba no 'Galicia por diante' o traballo realizado para mellorar a seguridade nas praias neste ano de pandemia: "En Galicia estase facendo particularmente ben: regúlanse os accesos, retíranse as duchas - que son focos de contaxio-, estanse engadindo reforzos ao persoal de socorrismo...".

Palacios tamén considera adecuado o modelo de parcelas que se aplican nalgúns areais: "É positivo que a xente respecte a distancia de seguridade. Se os municipios o que fan é parcelalas xa, é unha marabilla". Destacou tamén o bo comportamento da cidadanía nas praias o pasado verán: "Non tivemos ningún problema de aglomeracións, de botellóns... Pido aos cidadáns que este ano se volva repetir".

Galicia é a terceira comunidade con maior número de bandeiras azuis e Palacios cre que aínda pode mellorar: "Galicia está moi ben, con 111 praias con bandeira azul. Pero é que ten 861 praias, só o 24 por cento ten bandeira azul. Quédanos marxe de mellora".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia