Galicia por Diante
Os acordos sobre riscos nucleares
Comezaremos cun editorial de Nature, que urxe a clase científica a que faga esforzos nos seus países para a consecución de acordos sobre riscos nucleares, como teñen conseguido no pasado entre os EUA e a URSS. Faino ao abeiro do risco tan grande que houbo hai uns días entre a India e Paquistán, e o escenario que se abre novamente entre os EUA e Corea do Norte.
Acaba de anunciarse o que parece o segundo caso dunha persoa liberada do VIH tras un tratamento con células nai, tras o famoso "paciente Berlín".
O Xapón acaba de aprobar tamén o uso de células nai reprogramadas para tratar lesionados medulares. Estase avanzando nos tratamentos celulares, porque tamén se acaba de anunciar que con células inmunes xenéticamente modificadas se curou o lupus (unha enfermedade autoinmune que fai que o sistema inmune ataque ao tecido san, e pode facelo en articulacións, riles, corazón, pulmóns, cerebro...) en ratos.
Os avances nestes eidos saen mesmo da mestura de tecnoloxías de materiais: científicos chineses, a través de nanotecnoloxía, acaban de conseguir ratos vexan no infravermello.