CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José González, conselleiro do Medio Rural: "Pretendemos que a xente que recolle castaña non se vexa afectada nas súas pensións"

12/02/2020 - 08:19 h

A Xunta propón que os pensionistas que recollan castaña non teñan repercusións fiscais por eses ingresos extra. Ademais, tamén reclama un réxime fiscal específico para as persoas cotizantes que, a tempo parcial, cultivan as viñas.

Avanzouno no 'Galicia por diante' o conselleiro do Medio Rural, José González, horas antes de que todas as autonomías se reúnan co ministro de Agricultura, Luís Planas, en Madrid, para falar das medidas que cómpre poñer en marcha para garantir uns prezos rendibles para os produtos do agro.

O conselleiro explicou que estas son medidas complementarias, para así axudar a que a xente non abandone o rural.

"Nós estamos avanzando algunha proposta en cuestións tan importantes como pode ser, por exemplo, a recollida da castaña. Pretendemos que teña un réxime fiscal específico para que a xente do rural que recolle castaña non se vexa afectada nas súas pensións ou na súa tributación por esa recollida".

"Estamos traballando tamén en propostas para que a agricultura a tempo parcial, sobre todo no ámbito da viticultura, teña un trato fiscal específico".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia