CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Jesús Peón, propietario da sala Sonar en Compostela: "Moitísimas solicitudes quedaron fóra"

11/06/2021 - 08:23 h

O propietario da Sala Sónar de Santiago, un dos cinco locais que participan mañá na proba piloto de reapertura do ocio nocturno, falaba esta mañá no 'Galicia por diante' do interese que espertou a iniciativa entre os clientes. A demanda supera a capacidade máxima dispoñible, polo que "moitísimas solicitudes quedaron fóra", dixo.

Sobre a repertura dos locais prevista para xullo, Jesús Peón di que "non é rendible abrir nas condicións actuais". O empresario sinalaba que "non podes apoiarte na barra, tes que ter a máscara sempre posta... dificulta bastante". O sector, dixo, seguen en conversas coa Xunta para tentar flexibilizar as medidas se a proba do sábado é positiva.

Peón calcula que entre un 30 e un 40 por cento dos locais pecharon definitivamente as portas durante a crise provocada pola pandemia.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia