CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Juan Turnes: "Os infectados son cada vez máis novos e con síntomas leves, pero hai que ser prudentes"

11/06/2021 - 08:14 h

As persoas enfermas con infección activa por coronavirus ingresarán como calquera outro paciente cunha patoloxía similar no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, despois de que se suprimira a planta específica para atendelos debido á caída de casos nas últimas semanas.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', o coordinador de ingresos do CHUP, Juan Turnes, sinalou que  neste momento non hai ningún paciente con infección activa por coronavirus ingresado no centro hospitalario.

O doutor Turnes asegura que nas últimas semanas case non houbo ingresos de pacientes con COVID-19 maiores de 60 anos, pero si de enfermos de entre 20 e 30 anos, a maioría con síntomas leves.

Aínda así, Juan Turnes considera que o feito de que a maioría das persoas máis novas pasen a enfermidade case sen síntomas pode xerar unha falsa impresión de ausencia de risco. Por este motivo, insiste en actuar con precaución e lembra que os pacientes contaxiados poden xerar cadros graves con independencia da idade.  

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia