CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Sarmiento (CCOO): "A vicepresidenta económica do Goberno está tendo certa xustificación cos despedimentos dos bancos"

11/05/2021 - 08:19 h

O secretario xeral de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, lamenta a "consideración" que está tendo o Goberno central cos eres que están presentando os grandes bancos, que queren desfacerse de miles de traballadores en toda España. Sarmiento, que onte participou nunha xuntanza na Coruña coa vicepresidenta económica, Nadia Calviño, e mais con representantes dos empresarios, di que esa xustifación dos despedimentos vai en contra dos propios plans de recuperación do Executivo.

"Polo ambiente en que se desenvolveu onte a xuntanza, xa que moitos dos asistentes eran representantes dos empresarios, o certo é que a ministra tivo unha consideración para o que está acontecendo no sector financeiro que non se corresponde para nada coa visión que temos as organizacións sindicais. Aí, a ministra, a vicepresidenta de Asuntos Económicos, está tendo unha actitude de certa xustificación no que está acontecendo no sector financeiro que, ao noso entender, non só non está xustificado, senón que neste momento está abrindo ou está intentando situar, volvernos meter nunha dinámica de xestión da crise da que sobre todo o plan de recuperación e os plans de reformas pretenden fuxir".

Sarmiento tamén explicou que CCOO non busca unha derrogación da reforma laboral do PP, senón unha nova reforma que achegue "elementos novos" para loitar contra "a dualidade, a temporalidade e o desemprego xuvenil, cunhas taxas insoportables".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia