CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Imos ata Valga e Sober, de onde eran as vítimas dos últimos asasinatos machistas

11/03/2019 - 11:34 h

Despois do 8-M xa temos dous concellos galegos, Valga e Sober, afectados pola violencia machista. María Jesús Aboy foi asasinada presuntamente polo seu home en Valga e Estrella Domínguez, asasinada en Madrid, natural de Sober.

Neste Galicia por diante imos ata Sober e falamos con Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, e con Marta Barreiro, secretaria territorial da Xunta en Lugo.

"Facemos un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra a eiva da violencia machista", explica Marta Barreiro, secretaria territorial da Xunta en Lugo.

"Non podemos consentir nin as mortes, nin o medo, nin que haxa xente que aínda poña en dúbida a existencia da violencia contra as mulleres", indica Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo.

"Isto é o peor que ocorreu en todo o tempo que levo no Concello", explica José María Bello, alcalde de Valga.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia