Galicia por Diante
Torra, á eslovena
Convén lembrar o que foi a solución eslovena: un referendo parecido ao do Primeiro de Outubro do 2017, unha aprobación popular masiva da independencia, unha reacción do Goberno iugoslavo que mandou os tanques a Eslovenia, unha guerra que se chamou a guerra dos dez días, cerca dun cento de mortos emiles de feridos. Ese é o programa que se propón para Cataluña? Si, amigos: iso é o que propón o supremacista Torra. Pero direi algo máis: iso é o que lle dita o seu xefe Puigdemont, que se segue considerando o único presidente lexítimo de Cataluña. A proba de que é o que pensa Puigdemont atopámola despois nas verbas de Toni Comín, que foi conselleiro no Govern de Puigdemont e é o seu compañeiro de fuga da Xustiza. Isto é o que dixo, como complemento das verbas de Torra: que o tramo seguinte na rúa será dramático e que chegou o momento de pagar un prezo alto, inxusto, pero inevitable pola liberdade de Cataluña.
Ese tramo seguinte na rúa tamén está en marcha: o sábado cortouse a AP-7 durante quince ou dezaseis horas sen que interviñesen para nada os Mossos d'Esquadra. Quizais non interviñeron polo que pasara antes: evitaron a confrontación directa dos CDR cos manifestantes de Vox. E Torra quería que houbese esa confrontación, cun número incalculable de feridos e posiblemente de mortos. A proba de que quería iso é que pediu unha purga de Mossos por evitalo.
Un gobernante que se pon en contra da súa propia policía por impoñer orde na rúa; un presidente dun Goberno que está a favor dos revolucionarios; o mesmo presidente que anima eses revolucionarios a boicotearen o Consello de Ministros do vindeiro día 21; o mesmo presidente que lles dicía aos manifestantes independentistas “apreteu”, “apertade”; e o mesmo presidente agora chama a provocar unha guerra como a que houbo en Eslovenia non é que sexa un perigo público, un irresponsable ou un iluminado, como lle replica a oposición. É un home que quere ver morrer xente, que está facendo que morra xente. Non sei como se pode botar da presidencia, pero non debería poder seguir nela nin un día máis.