CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Iceta, candidato

09/05/2019 - 08:06 h

Déixame empezar por dicir que pertenzo ao club de fans de Miquel Iceta. Chegou timidamente á secretaría xeral do PSC despois de trinta anos de militancia, e fíxose un líder indiscutible. De feito, é o que resucitou o Partido Socialista en Cataluña e converteuno, con apoio de Sánchez, no segundo partido nas últimas eleccións. Algún mérito debe ter. Escoiteille a Joan Tardà que é o político catalán máis preparado e de máis cultura. E gústame como fai os discursos de propaganda, con moita retranca e moita sinceridade. Lembremos que nun dos últimos da campañadas xerais expresou o desexo de non volver ao armario.

Unha das interpretacións que hoxe fan a maioría dos xornaisé que se trata dun xesto cara a Cataluña, o cal é moito dicir: supoño que será un xesto cara aos independentistas. E persoalmente penso que é, máis que nada, unha recompensapolos servizos prestados. Iceta sempre foi defensor e promotor de Sánchez, sobre todo na loita contra Susana Díaz. E supoño que o presidente quere ter cerca un tipo que entende Cataluña, que coñece os independentistas e que fala unha lingua que dá proximidade cos que Sánchez entende que hai moito que falar. Telo cerca, na presidencia do Senado ou no que sexa, e dispoñer dun conselleiro que sabe do que fala.

O que non soubo facer Sánchez foi coidar a estética. E os medios informativos precipitáronse en proclamar que Iceta sería o presidente do Senado. Radios, televisións e medios de Internet saíron onte á tarde dicir que Iceta era nomeado presidente da cámara alta, como se fose un nomeamento dixital do presidente do Goberno, cando o correcto sería falar de Iceta como candidato. E, como se fixo mal, provocou os de Esquerra e quizais algún máis, que saíron dicir: amodiño, señor Sánchez, que iso témolo que falar e, se se nomea alguén que aínda non ten os nosos votos no Parlamento catalán, podémonos opoñer. Iso, traducido, significa que Esquerra vai poñer prezo ao seu voto. Cal pode ser ese prezo non se sabe, pero está aberta a petición de liberdade provisional dos presos deputados para que poidan cumprir as obrigas parlamentarias. Iso é do portelo da xustiza, pero os independentistas xa se sabe: pensan que o Goberno pode mandar nos fiscais e nos xuíces.

Erro de procedemento e precipitación poden facer que fracase a candidatura de Iceta. Pero a min ver un catalán presidindo o Senado non me desgusta, pense como pense. Un catalán, mentres non se demostre o contrario, é español. E, lendo prensa de Madrid, dá a impresión de que o consideran estranxeiro. Vaia por Deus, Valiñas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia