CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A secretaria xeral de CC OO-Galicia reclama que o soldo dos funcionarios suba un 3,5 % o próximo ano

08/10/2021 - 08:16 h

A secretaria xera de Comisións Obreiras, Amelia Pérez, pide que os salarios dos empregados públicos suban "dun 3,5 por cento para arriba e cunha cláusula de garantía salarial", para compensar o incremento dos prezos. Nunha entrevista no Galicia por diante, Pérez criticou tamén as formas do Executivo, ó considerar que nunca tivo intención de negociar a cifra.

A priori, Pérez avaliou o proxecto de orzamentos do Goberno de xeito positivo, "aínda que hai que ver a letra miúda", precisou.

A líder sindical tamén reclamou que os ERTE se manteñan como mecanismo de axuda máis aló da pandemia, xa que cre que "moitas empresas terán que pechar" cando comecen a retirarse.
Pérez tamén comentou a xestión dos prezos da enerxía que está a facer o Goberno: "Non me gustaría estar na súa pel, porque é complicado xestionar este problema". Cre  que existe vontade e capacidade por parte da ministra Teresa Ribera para tentar solventar a escalada de prezos, pero aprecia "un certo pulso por parte das eléctricas ao Goberno. As grandes eléctricas non están afeitas a que se lles poña coto e é hora de facelo dunha vez por todas".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia