CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Alonso: "Os transportistas pagamos 11.000 millóns de impostos, que dan para facer unhas cantas estradas"

07/05/2021 - 08:25 h

O presidente da Federación Galega de Transporte de Mercadorías, Ramón Alonso, critica a proposta do Goberno de introducir peaxes polo uso das autovías a partir de 2024. Alonso sinala que "os transportistas pagamos 11.000 millóns ao ano de impostos de hidrocarburos, que dan para facer unhas cantas estradas e mantelas perfectamente. O problema é que o Goberno gasta máis do que recada e o máis doado é subir impostos".

O Executivo non concretou aínda nin os prezos desas peaxes nin os colectivos que terán bonificacións ou quedarán exentos, pero Alonso di que "o que se le na prensa escrita é que hai proposta de 0,19 céntimos para un tráiler por cada uso de quilómetro". O presidente de FEGATRAMER advirte de que o custo se multiplica cando falamos de produtos industriais e pon como exemplo o caso de Citroën: "O vehículo leva milleiros de compoñentes e cada peza vai pagar por levalo á factoría de Citroën".

Alonso suxírelle ao Goberno que evite a peaxe das autovías con outra medida: "Adelgazar o Goberno, asesores e ministerios, que aí ninguén toca nunca: nin a esquerda, nin a dereita nin o centro".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia